jueves, 7 de marzo de 2024

As avoas das avoas das nosas avoas

 A importancia da muller na sociedade é algo que hoxe en día ninguén pon en dúbida. Mais o seu labor e bo facer non sempre foi recoñecido.

Mañá 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller e, aínda que só pareza unha data, ten o significado de poñer en valor o esforzo e traballo que día a día as mulleres do mundo levan a cabo.

No Ceip Ramón de la Sagra non imos esquecer un día tan sinalado e queremos recoñecer o legado que as mulleres galegas nos deixan dende hai tanto tempo.

Co título " As avoas das avoas das nosas avoas"e collendo como fío condutor as fotografías de Ruth Matilda Anderson realizadas na súa viaxe, hai máis dun século, por Galicia.vinculamos as mulleres daquela época como precursoras de moitos dos logros que hoxe teñen as mulleres actuais. 

Queda moito por facer; a semente vai xermolando e cada día hai que loitar para conquistar novos retos.

Deixamos o enlace dun pequeno traballo feito por EDLG para que se vexa a relación das nosas precursoras coas herdeiras da súa sabedoría, o seu traballo e a súa valentía.

Todas somos herdeiras de mulleres con forza e valor porque as mulleres galegas sempre traballaron e sempre sacaron adiante grandes proxectos.

Agardamos que vos guste.



8 de marzo 2024






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

E chegou maio...o noso mes

Fonte: R.A.G Empezamos maio, o mes máis especial para todos e todas as que queremos ao noso idioma. Moitas son as tradicións que se recollen...